Journal Information
Vol. 13. Issue SC1.
Pages 8999 (August 1999)
Respuestas rápidas
Share
Share
More article options
Vol. 13. Issue SC1.
Pages 8999 (August 1999)
Full text access
A EPIDEMIOLOXÍA NA PORTA DO FUTURO
Visits
800
Pilar Farjas, Jordi Sunyer
This item has received
Article information
Full Text
Statistics
Full Text

PRESENTACIÓN


A EPIDEMIOLOXÍA NA PORTA DO FUTURO

Benvidos:

A organización dunha reunión científica constitúe un reto permanente de estímulo, innovación, diálogo e dedicación. No noso caso concreto, no deseño e programación da XVII Reunión Científica da SEE coinciden outros elementos que ofrecen unha oportunidade crítica de reflexión sobre liñas futuras de investigación, o papel da epidemioloxía ante os riscos químicos e medioambientais para a saúde das comunidades e acerca dos camiños futuros que deberemos percorrer. Máis alá do compoñente científico, a XVII Reunión Científica da SEE ofrece a oportunidade ós participantes e membros da SEE de servir de encontro para aproximar posturas, encontrar vías comúns que potencien o papel social e técnico do epidemiólogo.

Santiago de Compostela é, moi en especial no Ano Santo Compostelán, lugar de encontro, de fraternidade e confraternización na busca do noso mañá, individual e colectivo. Confiamos plenamente en que esta aportación externa que ofrece a cidade e o momento sexa, se cabe, máis memorable.

Dende o primeiro momento en que se nos formulou a posibilidade de afronta-la organización desta reunión, tódolos compoñentes dos comités organizador científico tiñamos na mente salientar e sinala-lo factor humano como o elemento básico e clave do exercicio profesional no campo científico da epidemioloxía, cunha especificidade predominante: a súa vinculación laboral coas administracións sanitarias. Este feito queda ben reflectido tanto polas áreas de interese científico que se salientan como polas Institucións que colaboran no financiamento e organización.

Realizouse un grande esforzo por tódalas partes implicadas (C. Organizador, C. Científico, Xunta Directiva da SEE, Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Galicia a través da Dirección Xeral de Saúde Pública) para avanzar en sentar unhas bases sólidas que definan os papeis e responsabilidades de cada parte da organización da nosa reunión anual. Esperamos que este esforzo, do que un dos seus froitos foi a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e S.S. e a SEE para facilita-la organización do congreso, achegue un valor engadido e sirva para abrir novas vías de colaboración que enriqueza e facilite a organización de próximas reunións.

Sexa ou non sexa así, para tódolos que participamos neste proxecto, telo intentado foi plenamente satisfactorio ademais de ter un beneficio neto para cada un de nós

Gustaríanos expresar persoalmente e no nome dos compañeiros dos Comités Científico e Organizador o noso aprecio e gratitude por tódalas contribucións a esta reunión. A tódolos que presentede-los vosos traballos estes días (tanto na forma oral como nos carteis); a tódolos que colaboraron na súa realización, o nome dos cales quedarán perdidos entre longas autorías; e a tódolos que participaredes na reunión. Todos augurades uns agradables e fructíferos días en Santiago, cheos de traballo e amizade coa garantía de poder desfrutar duns días nos que a calidez das relacións humanas e a bondade galega, conxuguen co pracer por aprender e discutir.

Cabe sinalar que o traballo do Comité Científico foi delicado á hora de rexeitar algunhas comunicacións. Recibimos un número maior das que se lles pode dar cabida, dadas as actuais características das reunións da SEE e, a pesar de que sobrecargamos algunhas sesións de carteis, somos conscientes que, seguramente, rexeitamos traballos que merecían estar en Santiago. A todos eles tamén mostra-la gratitude do Comité Científico polo envío dos resumes, e asegurarlles que a metodoloxía que segue a SEE na aceptación dos resumes está baseada na imparcialidade das avaliacións por terceiros.

As dúas características da reunión que pretendemos destacar son as sesións de carteis e as sesións plenarias. O Comité Científico quere dota-las primeiras da mesma calidade e rigor que as sesións orais, desterrando a idea de que son comunicacións de segunda. Quizais o cartel ofrece menos lucimento pero pola a súa vez maior capacidade de comunicación. Pretendemos dotar a estas sesións dun espacio áxil e eficaz que permita a discusión cos autores. Será mérito de tódolos participantes que o logremos.

As sesións plenarias teñen un fío entre si, gracias á sintonía mantida coa Escola Nacional de Sanidade e o grupo Marcelino Pascua. O Comité Científico buscou dota-lo congreso dunha visión da epidemioloxía forte en métodos e aberta a tódalas ferramentas das ciencias biomédicas básicas, pero sobre todo baseada nos problemas das poboacións. Nun mundo cada vez máis complexo e desigual, cremos que a epidemioloxía do futuro seguirá a se-la ponte de unión entre as ciencias sociais, os condicionantes ecolóxicos e o propio individuo, a súa bioloxía e a súa psique.

Para rematar, non queremos deixar de destaca-la dispoñibilidade, traballo desenvolvido e sobre todo o bo talante de tódolos integrantes dos comités científico, organizador e xunta da SEE, que fixo posible resolve-los aspectos de controversia que puideron surxir, sen conflicto e cunha visión positiva e de colaboración.

Coa esperanza de ver plasmados en éxitos tódolos nosos/vosos esforzos dámosvos de novo a benvida e convidámosvos a participar activamente.

Pilar Farjas

Presidenta do Comité Organizador

Jordi Sunyer

Presidente do Comité Científico

Idiomas
Gaceta Sanitaria
Article options
Tools
es en

¿Es usted profesional sanitario apto para prescribir o dispensar medicamentos?

Are you a health professional able to prescribe or dispense drugs?